HISTORIA XOGOS OLIMPICOS

Os Xogos Olímpicos (chamados así por celebrarse na cidade de Olimpia na antigüidade) foron festas relixiosas, culturais e deportivas celebradas na antiga Grecia (776 a.C. - 392 d.C.) en honra ós Deuses maiores (ZeusApolo, etc). Neles participaban os atletas, que debían ser cidadáns (soamente homes), os cales se adestraban durante anos nos ximnasios. Existían diversas disciplinas, tendo cada unha un adestramento especial, e que se practicaban co corpo totalmente espido. As primeiras disciplinas foron: Pankration (loita a morte), Loita (practicamente tal como a coñecemos actualmente), Boxeo (moito máis cruel có actual, sen apenas normas), Carreiras de CarrosCarreiras a pé, Péntatlon, (consistente en lanzamento de discolanzamento de xavelinasalto de lonxitude, loita e carreira a pé) e Música (considerada unha competición máis).
En Olimpia chegáronse a celebrar 293 Xogos Olímpicos. Segundo a tradición estes empezaron no ano -776, continuaron mesmo baixo dominaciónromana, e só pararon coa chegada do cristianismo ao poder en Roma. O emperador Teodosio I aboliunos no ano 393, e como excusa dixo que eranpagáns. Foron reestablecidos no seu aspecto deportivo en 1894 polo barón de Coubertin, e ata a actualidade seguen practicándose.
Unha curiosa diferenza con respecto á actualidade é que na antiga Grecia tódolos conflitos armados eran suspendidos durante os Xogos, estes eran unha especie de tregua para tódolos participantes.
Os deportistas modernos están suxeitos a múltiples presións, as cales os teñen levado a utilizar produtos para mellorar os seus logros, moitas veces poñendo en perigo a súa saúde. O Comité Olímpico Internacional estableceu dende 1968 os chamados controis anti-dopaxe que poden ser realizados en calquera momento a petición do COI e que poden desencadear a descalificación inmendiata do atleta que dea positivo nese control.
Unha olimpíada é o período de catro anos que transcorre entre xogos.